jueves, 1 de octubre de 2009

Necesidades

O termo economía provén do termo grego e significa " a dministración da casa". Aínda que en principio esta orixe nos parezca peculiar, en realidade os fogares e as economías teñen moito en común. Nun fogar tómanse decisións sobre repartición de tarezas ou sobre ingresos e gastos, ás veecs hai que endebedarse e noutras podese aforrar, etc.


A ESCASEZA DE RECURSOS E A NECESIDADE DE ELEXIR

A base do "problema económico" radica en que os seres humanos teñen unha serie de necesidades e dispoñen duns recursos escasos para satisfacelas.

A economia estuda o modo en que a sociedade xestiona os seus recursos escasos para lograr o benestar material dos seus membros.



NECESIDADES

As necesidades maniféstanse como a sensación de carencia de algo unida ao desexo de satisfacela. A economía interésase especialmente por aquelas necesidades cuxa satisfacción require o emprego de recursos escasos.

•Necesidades básicas ou primarias

Son comúns a calquera ser humano, tales como alimentarse, vestirse e ter unha vivenda.Son imprescindibles para satisfacer para poder sobrevivir.
Nos países desenvolvidos estas necesidades están practicamente cubertas para a maioría da poboación.

•Necesidades Secundarias

Son un tipo de necesidades cada vez más evolucionadas, como o ocio, a comunicación, etc.
Xorden coa evolución e o desenvolvemento da sociedade, tenden a aumentar o nivel de satisfacción e benestar do individuo.





FONTE: Libro de economia

No hay comentarios:

Publicar un comentario